Redacción de la Semana de las Ciencias por Raquel González González

"Esta semana do 12 ao 16 de Novembro celebramos a Semana das Ciencias no noso colexio. Fixemos algunhas actividades para coñecer un pouco máis o mundo da ciencia!
O luns 12 de Novembro: a profe Blanca falounos do que íamos facer.
O martes 13 de Novembro: participamos nun “concurso de Tangram” no que gañou Irene por unha figura.
O mércores 14 de Novembro: fixemos un experimento. Collemos un vaso e un pouco de auga, despois recortamos un circuliño de papel e lle fixemos un buratiño pequeno, logo lle sacamos a tinta ao rotulador e polo burato do papel metemos o rotulador na auga. O resultado foi que o papel se tinguiu coa cor do rotulador só polos bordes, e non polo centro.
Puidemos comprobar que calquera pode facer experimentos e non só os científicos. A ciencia está ao alcance de todos e todas."

No hay comentarios: